Skip to main content

Social Slider Smartphones

Normativa adxudicación e uso taquillas

(Aprobada en Xunta de Facultade 27-10-2011)


A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física ofrece aos seus alumnos a posibilidade de utilizar as taquillas de aulas, situadas nas tres plantas (baixo, 1º e 2º piso) do edificio de aulas, na entrada do pavillón de Usos Múltiples, en el pasillo dos Pavillóns I e II; taquillas de Biblioteca, situadas na entrada da Biblioteca; e taquillas de piscina, situadas nos vestiarios masculino e feminino da Piscina.
Todo estudante interesado na adxudicación e uso dunha taquilla de aula e no uso dunha taquilla de Biblioteca ou Piscina terá que depositar unha fianza de 20€, seguindo os procedementos que se indican nas Normas básicas para a adxudicación e uso das taquillas da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física – Universidade da Coruña, aprobadas en Xunta de Facultade celebrada o 27 de outubro de 2011.

O procedemento para a adxudicación e uso das taquillas da Facultade será o seguinte:
  1. O alumno solicitará a taquilla mediante a presentación do correspondente impreso (web ou Administración) debidamente cuberto na Secretaría do Decanato.
  2. Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, o Centro publicará unha lista cos alumnos que teñen dereito a unha taquilla.
  3. Para a entrega da chave, o alumno deberá depositar unha fianza de 20 € (impreso UDC). Coa presentación da copia do impreso da fianza recibirá a chave.
  4. Para a recuperación da fianza, unha vez comprobado o bo estado da taquilla, o alumno deberá presentar a copia do impreso da fianza e entregar a chave.
Normas básicas para a adxudicación e uso de taquillas de aula da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  1. Cada taquilla será solicitada e adxudicada a un único alumno e todo alumno só poderá ser adxudicatario dunha única taquilla. Non está permitido o intercambio ou traspaso de taquillas.
  2. Existirá unha discriminación positiva cara aos alumnos de 1º do Grao por ser estos novos na Facultade, ou cara aqueles alumnos que nunca tiveran unha taquilla para o seu uso.
  3. Mediante a sinatura do impreso de solicitude da taquilla, o alumno acepta todos e cada uno dos apartados desta normativa.
  4. Finalizado o prazo, a aquelas solicitudes presentadas debidamente e na medida das posibilidades do Centro, asignaráselles unha taquilla que poderá ser utilizada durante un máximo de catro años e sempre que o solicitante esté matriculado nun curso completo da titulación. O usuario empleará a mesma taquilla durante todo o tempo que dure a súa formación como futuro graduado, ata o máximo establecido de 4 anos.
  5. Se a demanda de taquillas supera á oferta, as taquillas dispoñibles adxudicaranse por data de entrega da solicitude. Por este motivo, é conveniente que o alumno coa súa solicitude acompañe tamén unha copia para que no rexistro lle poñan a data de entrada desta. Asemesmo o centro poderá elaborar unha lista de espera, atendendo ao criterio anterior, para ir adxudicando as taquillas que poidan quedar dispoñibles ao longo do curso.
  6. Ao adxudicarse a taquilla os usuarios depositarán unha fianza de 20 euros, que será devolta cando finalicen os seus estudos ao cumprimento dos 4 anos de permanencia na Titulación, unha vez comprobado o bo estado da mesma. Para recuperar o importe da fianza será imprescindible presentar o anos de permanencia na Titulación, unha vez comprobado o bo estado da mesma. Para recuperar o importe da fianza será imprescindible presentar o resgardo da mesma.
  7. En caso de pérdida de chave de taquilla, a fianza empregarase para o cambio de pechadura, polo que será imprescindible que se o estudante que a perdeu desexa novamente unha taquilla, deposite unha nova fianza de 20 euros.
  8. O período de uso das taquillas será desde setembro de primeiro curso do Grao ata un máximo de catro anos e sempre que o usuario esté matriculado nun curso completo da Titulación. Transcorrido dito periodo, os usuarios das taquillas non desaloxadas, perderán o dereito á devolución da fianza ese vaciaranse as mesmas.
  9. O alumno adxudicatario ten o compromiso de manter a súa taquilla en bo estado de conservación e, en caso contrario, comprométese a aboar á Facultade o coste dos posibles desperfectos.
  10. A Facultade declina toda responsabilidade frente a robos, roturas ou danos dos obxectos depositados no interior das taquillas. Igualmente recomenda que non se usen para depositar nelas obxectos de valor ou perecedeiros.
  11. A Facultade resérvase o dereito de abrir ou anular a adxudicación das taquillas en casos de emerxencia ou de incumprimento das anteriores condicións.