• Noticias
  • A REALIDADE DOS REFUXIADOS SIRIOS MÓSTRASE NA NOSA FACULTADE

A REALIDADE DOS REFUXIADOS SIRIOS MÓSTRASE NA NOSA FACULTADE

Como te sentirías se tiveses que abandonar a túa casa, a túa familia, o teu país, cruzar un mar enteiro nun bote en mal estado, e chegar a un país lonxano no que te meten nun campo onde non tes unhas condicións de vida dignas?

Eso mismo viviu Ahmad Al Ahmad, refuxiado sirio que chegou á Coruña hai cinco meses da man de Leticia Santaballa, psicológa e voluntaria nos campos de refuxiados de toda Grecia. Unha historia de sufrimento, medo, incertidume e esperanza que poderemos escoitar polas verbas dos seus protagonistas.

A súa travesía dende Siria ata Turquía, a viaxe por mar ata Grecia, a súa estancia nos campos de refuxiados e a labor como educadores dos nenos e nenas residentes nos campos, a súa viaxe ata España...unha historia que paga a pena escoitar.

Data: Xoves, 23 de febreiro de 2017
Hora: 12:00
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte da UDC (Campus de Bastiagueiro, A Coruña)

Entrada libre ata completar aforo

CARTEL CHARLA REFUXIADOS

Buscador INEFG

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
Avd. Che Guevara 121. Bastiagueiro, Oleiros. 15179,
A Coruña  

Tlf.  981 167000 ext. 4046  Fax 981 167048
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.