• Noticias
  • CONFERENCIA DE TATIANA SENTAMANS SOBRE "POLÍTICAS DO CORPO"

CONFERENCIA DE TATIANA SENTAMANS SOBRE "POLÍTICAS DO CORPO"

"V Conferencia José Luis Salvador Alonso"
Luns 24 de abril, 10:00 h, Salón de Actos Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (Bastiagueiro-Oleiros). Entrada Libre

"Políticas do corpo"

Tatiana Sentamans Gómez

Doutora en Belas Artes. Profesora do departamento de arte e Vicerreitora de Cultura e Extensión universitaria da Universidade Miguel Hernández de Elche.  
Membro do grupo artístico O.R.G.I.A desde o seu nacemento en 2001 e do grupo de investigación Figuras do exceso e políticas do corpo (FIDEX) da UMH. A súa tese doutoral recibiu o Primeiro Premio Nacional de Investigación Cultural Marqués de Lozoya 08, e o seu anticipo en forma de artigo, a Mención Especial do Xurado na modalidade de "Ensaio inédito" na Xª Edició Premi Espais a la Creació i a la Crítica d’Art de la Fundació Espais d’Art Contemporani de Girona en 2007. Codirectora do I Congreso Internacional Cuerpos/Sexualidades Heréticas y Prácticas Artísticas. Antecedentes en el Estado Español. De la Teoría a la Práctica y Viceversa así como o libro homónimo (2009 e 2010). De entre as súas publicacións destacan o libro Amazonas Mecánicas: engranajes visuales, políticos y culturales (Ministerio de Cultura 2010), a súa participación na compilación titulada Mujeres bajo sospecha: memoria y sexualidad (1930-1980) (2012), e diversos artigos e textos en revistas científicas, de divulgación e catálogos de arte, por exemplo na compilación francesa Esthétique(s) queer. Sexualités et politiques du trouble (2015). 

 Imagen 1

Buscador INEFG

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
Avd. Che Guevara 121. Bastiagueiro, Oleiros. 15179,
A Coruña  

Tlf.  981 167000 ext. 4046  Fax 981 167048
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.