DÍA DO OLIMPISMO GALEGO

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física celebrou o pasado mércores, 21 de xuño, o III Día do Olimpismo Galego, nun acto organizado pola Facultade a instancias da Academia Olímpica Española e da Presidencia dos Centros de Estudos Olímpicos Galegos.

O decano da Facultade, D. Xurxo Dopico, presidiu o evento no que se fixo entrega da Medalla Pierre de Coubertin e da Placa da Academia Olímpica. A Medalla Pierre de Coubertin entregoúselle ao profesor e exdecano D. Rafael Martín Acero, en recoñecemento ás súas aportacións e transmisión dos valores olímpicos e pola súa contribución ao longo da súa carreira profesional como adestrador, docente e investigador na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC na formación de profesionais comprometidos e competentes. A Placa da Academia Olímpica entregoúselle á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, representada pola secretaria Xeral para o Deporte Marta Míguez Telle, polo traballo desta entidade desde a súa creación a favor da promoción e desenvolvemento do deporte galego en todos os seus niveis e, en consecuencia, polo seu continuo apoio ao olimpismo en Galicia e aos valores que transmite á sociedade.

Ao acto asistiron o presidente da Academia Olímpica, D. Conrado Durántez, o presidente dos Centros de Estudos Olímpicos, D. Xesús Pena, e outras personalidades académicas e deportivas.

Durante o evento houbo exhibicións dos alumnos e alumnas das escolas deportivas que desenvolven a súa actividade nas instalacións da Facultade da Universidade da Coruña.

dia do olimpismo galego 21.06.17

No transcurso do acto procedeuse á plantación dun olivo e ao descubrimento dun monumento conmemorativo do olimpismo.

dia do olimpismo galego 02 22.06.17

Buscador INEFG

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
Avd. Che Guevara 121. Bastiagueiro, Oleiros. 15179,
A Coruña  

Tlf.  981 167000 ext. 4046  Fax 981 167048
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.