DANZA E DEPORTE: PRÁCTICA CO JAVIER MARTIN
Na súa intensa carreira como coreógrafo, Javier Martín sempre foi quen de atopar vías de diálogo con ramas da investigación que van moito más alá do mundo da danza.
Ademais do seu achegamento habitual a outras esferas artísticas, que o levaron por exemplo a colaborar co pianista Oleg Karavaichuk ou co cineasta Tono Mejuto, o seus desbordamentos tamén atopan interlocutores que a miúdo vemos máis afastados do mundo do arte.
Nesta ocasión a práctica proposta levarase a cabo co alumnado da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. O foco da práctica porá atención no entrenamento inconsciente que nos leva a un mal hábito corporal. Traballaranse asuntos relacionados coa homeostasis, a potencia, os fulcros inerciais, os micromovementos e o eixo.
Xoves 3 de maio no Teatro Rosalía de Castro de 12 a 14 h
Unha actividade realizada coa colaboración da profesora Marta Bobo