• Seguros

INFORMACIÓN SEGURO ACCIDENTES

¿Que debe facer o estudante ante un accidente sufrido durante o desenvolvemento de seus estudos de Grao o Posgrao na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física?

  1. No caso dunha lesión que necesite asistencia urxente, debe trasladarse a calquera dos centros médicos concertados en función do tipo de seguro do que dispoña (MAIS INFORMACIÓN E LISTADO DE CENTROS MÉDICOS DE ASISTENCIA SANITARIA). Debe levar consigo un xustificante da súa matricula na UDC (por exemplo unha copia obtida desde a Secretaria Virtual).
  2. Posteriormente, e en canto lle sexa posible, o estudante deberá cubrir un parte de lesións o solicitude de prestacións. Este parte deberá ser entregado nas oficinas do centro sanitario no que recibiu a asistencia sanitaria de urxencia. De acordo co tipo de seguro do que dispoña o estudante (SEGURO ESCOLAR O SEGURO CUM LAUDE), o parte o a solicitude a cubrir e diferente.

 

Os estudantes matriculados na Universidade da Coruña poden dispoñer de dous tipos de seguro escolar:

 

SEGURO ESCOLAR OBLIGATORIO INCLUÍDO NA MATRÍCULA: Se trata dunha cobertura incluída na matrícula e que se presta aos estudantes nacionais dos estados membros da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, e, en xeral, a todos os estudantes estranxeiros residentes nas mesmas condicións que os españois, sempre que cursen os citados estudos en España e ata a idade de 28 anos.

Acceso ao formulario da solicitude de prestación do INSS.

Centros médicos de asistencia sanitaria de urxencia:

Todos os centros sanitarios do Sistema Nacional de Saúde

Concertados (A estes centros concertados non poderán acudir os alumnos que estean en situación de alta na Seguridade Social):

Hospital Quirónsalud A Coruña. Rúa Londres, 2. 15009 A Coruña.

I.M.Q. San Rafael, S.A. Av. de Las Jubias 82. 15006 A Coruña.

 

SEGURO CUM LAUDE: Se trata dun seguro opcional, cuxa póliza ten un coste adicional de 10 € (Curso 2019-2020) e que mellora sensiblemente as prestacións no tratamento e recuperación de lesións deportivas.OBRIGATORIO para os alumnos a partir dos 28 anos.INDICADO especialmente para os alumnos da Universidade da Coruña que realicen prácticas académicas externas, actividades deportivas, culturais e sociais, etc.A nosa facultade aconsella a seus estudantes que, si lles e posible, contraten este seguro opcional no momento da matrícula.

Acceso ao formulario do parte de lesións (tamén pódese recoller o impreso na oficina de Administración Académica da facultade).

Centros médicos de asistencia sanitaria de urxencia:

Concertados:

Hospital Quirónsalud A Coruña. Rúa. Londres, 2. 15009 A Coruña.

I.M.Q. San Rafael, S.A. Av. de Las Jubias 82. 15006 A Coruña.

Hospital HM Modelo. Rúa Virrey Osorio, 30. 15011 A Coruña.

Buscador INEFG

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
Avd. Che Guevara 121. Bastiagueiro, Oleiros. 15179,
A Coruña  

Tlf.  981 167000 ext. 4046  Fax 981 167048
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.