Normativa adxudicación e uso taquillas
(Aprobada en Xunta de Facultade 27-10-2011)
A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física ofrece aos seus alumnos a posibilidade de utilizar as taquillas de aulas, situadas nas tres plantas (baixo, 1º e 2º piso) do edificio de aulas, na entrada do pavillón de Usos Múltiples, en el pasillo dos Pavillóns I e II; taquillas de Biblioteca, situadas na entrada da Biblioteca; e taquillas de piscina, situadas nos vestiarios masculino e feminino da Piscina.
Todo estudante interesado na adxudicación e uso dunha taquilla de aula e no uso dunha taquilla de Biblioteca ou Piscina terá que depositar unha fianza de 20€, seguindo os procedementos que se indican nas Normas básicas para a adxudicación e uso das taquillas da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física – Universidade da Coruña, aprobadas en Xunta de Facultade celebrada o 27 de outubro de 2011.
O procedemento para a adxudicación e uso das taquillas da Facultade será o seguinte:
- O alumno solicitará a taquilla mediante a presentación do correspondente impreso (web ou Administración) debidamente cuberto na Secretaría do Decanato.
- Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, o Centro publicará unha lista cos alumnos que teñen dereito a unha taquilla.
- Para a entrega da chave, o alumno deberá depositar unha fianza de 20 € (impreso UDC). Coa presentación da copia do impreso da fianza recibirá a chave.
- Para a recuperación da fianza, unha vez comprobado o bo estado da taquilla, o alumno deberá presentar a copia do impreso da fianza e entregar a chave.
Normas básicas para a adxudicación e uso de taquillas de aula da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
- Cada taquilla será solicitada e adxudicada a un único alumno e todo alumno só poderá ser adxudicatario dunha única taquilla. Non está permitido o intercambio ou traspaso de taquillas.
- Existirá unha discriminación positiva cara aos alumnos de 1º do Grao por ser estos novos na Facultade, ou cara aqueles alumnos que nunca tiveran unha taquilla para o seu uso.
- Mediante a sinatura do impreso de solicitude da taquilla, o alumno acepta todos e cada uno dos apartados desta normativa.
- Finalizado o prazo, a aquelas solicitudes presentadas debidamente e na medida das posibilidades do Centro, asignaráselles unha taquilla que poderá ser utilizada durante un máximo de catro años e sempre que o solicitante esté matriculado nun curso completo da titulación. O usuario empleará a mesma taquilla durante todo o tempo que dure a súa formación como futuro graduado, ata o máximo establecido de 4 anos.
- Se a demanda de taquillas supera á oferta, as taquillas dispoñibles adxudicaranse por data de entrega da solicitude. Por este motivo, é conveniente que o alumno coa súa solicitude acompañe tamén unha copia para que no rexistro lle poñan a data de entrada desta. Asemesmo o centro poderá elaborar unha lista de espera, atendendo ao criterio anterior, para ir adxudicando as taquillas que poidan quedar dispoñibles ao longo do curso.
- Ao adxudicarse a taquilla os usuarios depositarán unha fianza de 20 euros, que será devolta cando finalicen os seus estudos ao cumprimento dos 4 anos de permanencia na Titulación, unha vez comprobado o bo estado da mesma. Para recuperar o importe da fianza será imprescindible presentar o anos de permanencia na Titulación, unha vez comprobado o bo estado da mesma. Para recuperar o importe da fianza será imprescindible presentar o resgardo da mesma.
- En caso de pérdida de chave de taquilla, a fianza empregarase para o cambio de pechadura, polo que será imprescindible que se o estudante que a perdeu desexa novamente unha taquilla, deposite unha nova fianza de 20 euros.
- O período de uso das taquillas será desde setembro de primeiro curso do Grao ata un máximo de catro anos e sempre que o usuario esté matriculado nun curso completo da Titulación. Transcorrido dito periodo, os usuarios das taquillas non desaloxadas, perderán o dereito á devolución da fianza ese vaciaranse as mesmas.
- O alumno adxudicatario ten o compromiso de manter a súa taquilla en bo estado de conservación e, en caso contrario, comprométese a aboar á Facultade o coste dos posibles desperfectos.
- A Facultade declina toda responsabilidade frente a robos, roturas ou danos dos obxectos depositados no interior das taquillas. Igualmente recomenda que non se usen para depositar nelas obxectos de valor ou perecedeiros.
- A Facultade resérvase o dereito de abrir ou anular a adxudicación das taquillas en casos de emerxencia ou de incumprimento das anteriores condicións.