Skip to main content

Presentación

O Instituto Nacional de Educación Física, I.N.E.F. Galicia foi creado por decreto do 30 de octubro de 1986, comenzando a funcionar ao ano seguinte. Tamén, por Decreto da Xunta de Galicia se integrouse na Universidade da Coruña, como Facultade propia, o 1 de xaneiro de 2004, pasando a denominarse Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. E, sen dúbida, un centro novo no que, desde os seus inicios,  reflíctase tanto a importancia adquirida polo deporte na realidade social, como o auxe da actividad deportiva e a educación física nos distintos ámbitos educativos a sua forte implantación na sociedade actual. Pero é, tamén, un centro que leva prestando, durante os seus anos de existencia, un servizo á sociedade nas súas vertentes educativas e investigadoras.

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física desenvolve as súas actividades, basicamente, en Galicia, o seu ámbito natural, de onde recibe principalmente o seu alumnado, aínda que tamén incorpora estudantes doutras comunidades.

Nestas páxinas preséntanse contidos acerca da estrutura orgánica da Facultade e do seu funcionamento, da normativa que rexe o noso día a día, dos estudos impartidos e da actividade investigadora; aspectos concretos de utilidade para o futuro estudante, como son as probas específicas de acceso; e, por suposto, para todos os que xa estades aquí, ofrécese información desde como chegar ao noso centro, como situarse nel, cando asistir á actividade docente, como contactar coa persoa conveniente ou como dispoñer dos servizos ofertados; tamén se atopará información para o alumnado, desde a requirida no día a día, como pode ser a distribución dos grupos por curso ou as titorías do profesorado; ata a máis específica, como pode ser a relacionada con axudas, seguros ou a mobilidade para cursar os estudos noutra Universidade, xa sexa no noso país ou no estranxeiro.

Esperamos que toda esta información resúltelles de interese.

Facebook Twitter Instagram