Skip to main content

FCCDEF

Presentación

Na actualidade, a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de a Universidade da Coruña participa en tres tipos de programas de intercambios ou de mobilidade principalmente: os intercambios nacionais a través de o plan SICUE, os intercambios internacionais a través do proxecto ERASMUS e os Intercambios Bilaterais establecidos con universidades ou facultades extra-comunitarias.


Co fin de facilitar e organizar as consultas ou titorías sobre mobilidade coa Coordinación de Intercambios da Facultade, estas levarán a cabo polas seguintes vías dispoñibles:  

  • Vía email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  
  • Tutorías presenciais: sempre con cita previa, no despacho do Vicedecanato de Estudantes e Relacións Internacionais ou mediante MS Teams.

Contactos da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) para todo tipo de consultas relacionadas con mobilidade na nosa universidade y para cubrir os datos solicitados nos documentos de mobilidade.

Documentos de intererese:

Xornada sobre Mobilidade

Mediante video-conferencia, o día 8 de abril de 2021, Iago Fernández Leiro (alumno SICUE na Universidade de Granada no curso 2020-21) e Lorenzo Bosh Sande (ERASMUS na Universidade de Pécs, Hungría no curso 2019-20), desde Granada e A Coruña, respectivamente, relataron ao alumnado do grao asistente, dunha forma amena e organizada, as súas experiencias presentes e pasadas relacionadas coa mobilidade uiversitaria; tamén participou o Vicedecano de Relacións Internacionais e de Estudantes da nosa Facultade, Luís Morenilla Burlou, achegando información de interese para quen desexe iniciar ou realizar unha nova mobilidade nacional ou internacional.

Facebook Twitter Instagram