Skip to main content

Arte e Imaxes no INEF-G

Na actualidade pódense visitar na Facultade de Ciencias do Deporte e a Actividade Física unha serie de pinturas, esculturas, debuxos e posters, que forman parte da colección "ARTE NON INEF-GALICIA". Dita colección recolle obras de autores como José Ramón Vilar Chao, Felipe Criado, Miguel Anxo Prado, Xoxé Cid, Isabel Pintado, Pedro Ávila Durán, Francisco Escudeiro, Luís Borrajo, e as entrañables achegas de Alberto Oro, profesor desta mesma Facultade.

Con motivo do 25 aniversario do INEF Galicia, editouse un díptico que presenta e sitúa cada unha destas obras. Convídase así a que propios e visitantes paseen pola súa contorna, as súas instalacións, e gocen dunha pequena mostra que trata de axuntar estética, forma, e cor, co significado do movemento na educación e o deporte.

 

       

     Díptico Guía-catálogo de arte INEF-Galicia

Facebook Twitter Instagram