Skip to main content

Benvida do Decano

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia) da Universdade dá Coruña (UDC)

Hai máis de 70 anos que Castelao, referíndose ao futuro de Galicia, escribiu:  “Vos soños primeiro e, as ideias dispois, crean feitos hestóricos”[1].

A principios dos anos 80 do S. XX, autoridades e representantes públicos e profesionais de Galicia tiveron o soño de constituír o Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia. Foi creado pola Xunta de Galicia en 1986, como centro de educación superior para formar profesores de educación física e do deporte, para a educación, a saúde e a calidade de vida dos cidadáns de Galicia; nese momento tan só existían 5 centros en España, hoxe existen máis de 50 universidades que ofertan esta formación.

As ideas concretáronse e o INEF de Galicia situouse na Coruña. O INEF de Galicia desenvolveuse, con paso moi firme, incrementando progresivamente as súas capacidades humanas e materiais.

A partir de 1998, os soños e as ideas para o INEF de Galicia levaron aos responsables da Universidade, da Xunta e do centro, a deseñar a súa integración na UDC. Hoxe o centro é a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC; e, os seus soños e ideas, os seus retos actuais son seguir consolidando a excelencia formativa, a súa produción e calidade investigadora, e as súas relacións de servizo á sociedade; en definitiva que a Facultade “sexa hoxe un feito histórico”. 

Como centro público de ensino universitario, expoñemos un resumo de los resultados relacionados co noso estudiantado (datos do Sistema Interno de Garantía de Calidade - curso 2018/19):

  • O 71.3% elixiron por vocación os estudos en Ciencias da Actividade Física e o Deporte; sendo maior no caso das mulleres (85.3%) 
  • O 82.6% é de Galicia, o 17.4% doutras Comunidades Autónomas.
  • Con respecto á nosa internacionalización, mencionar, que recibimos estudantes e profesorado de máis de 25 países, de tres continentes. A mobilidade do noso estudantado, no útlimo curso, antes da pandemia da COVID-19, foi a seguinte:
    • Saliente: 43 realizaron estudos noutras Universidades (26 co programa Erasmus e 17 co programa Bilateral), o que supón unha ocupación do 43% das prazas ofertadas.
    • Entrante: 32 realizaron os seus estudos na nosa Facultade (20 co programa Erasmus e 12 co programa bilateral).
  • En 2019 a taxa de emprego alcanzou o 88.9% (88.2% no caso das mulleres).

Ao longo dos nosos 35 anos de existencia, máis de 3.000 obtiveron a titulación de Ldo/a, ou Graduado/a en Educación Física ou en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

En 1993 os primeiros titulados en España da, entón, nova Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte egresaron do INEF de Galicia. Tamén, en 2010, os primeiros Graduados/as en España, do “Plan Bolonia”, egresaron desta Facultade da UDC.

A Facultade organizou en dúas ocasións o Congreso Mundial de Facultades e Escolas Superiores de Educación Física e do Deporte (AIESEP); e, noutras dúas o Congreso Internacional da sociedade científica Asociación Española de Ciencias do Deporte

O cadro actual do profesorado da Facultade está composto por 30 doutores e 8 Licenciados.


A quen desexe estudar ou investigar connosco, todo o noso persoal docente e investigador (PDI), todo o noso persoal de administración e servizos (PAS) e todo o noso alumnado, deséxalles que “vos vosos soños” na Facultade véxanse reflectidos nas vosas tarefas e logros de cada día.

Estes, e outros soños, xunto a todos os compromisos da nosa Facultade (INEF de Galicia), atopan a súa mellor expresión no texto de Castelao, quen escribiu: “Vexo á universidade convertida en cerebro de Galiza, irradiando cultura e saber mais alá dos lindeiros naturais da nosa Terra”.


Rafael_Martín_Acero_400x400.png

 

Rafael Martín Acero   

Decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física   

 

 

[1]  Alfonso Castelao:Sempre en Galiza Tomo 1. XXXII (Edición H. Monteagudo en Obras de Castelao, 2000)  Biblioteca Galega  La Voz de Galicia PP 192-197

Facebook Twitter Instagram