Skip to main content

Asignación e cambio de grupo (normativa)

Normativa aprobada en Comisión de Garantía de Calidade do 16/01/2023

  1.  LOs estudantes serán asignados pola Facultade a un dos seis grupos de docencia (A, B, C, D, E ou F), segundo correspóndanlles por orde alfabética do primeiro apelido.
  2. Os estudantes que precisen asistir a unha materia dun curso anterior ou superior, respecto do que figuran maioritariamente matriculados, terán que axustarse a cada grupo, segundo os apelidos asignados para cada curso.
  3. Cada estudante deberá ter en conta os horarios de materias aprobados en Xunta de Facultade antes de facer a matrícula, tendo que adaptar a mesma ao horario do grupo que lle corresponda en cada curso.
  4. O alumnado poderá solicitar o cambio de grupo teniendo en cuenta os seguintes aspectos:
    4.1. Que se dean circunstancias que impidan a matrícula nos créditos mínimos necesarios, estudante de ciclos formativos, deportistas de alto nivel e de alto rendemento deportivo, adestradoras/é, técnicas/os, xuízas/ces e árbitras/os de alto nivel deportivo, matriculadas/os en a Universidade da Coruña; ou causas de tipo sanitario debidamente xustificadas que a comisión poida estimar como merecedoras do cambio.
    4.2. Cada estudante poderá solicitar ao comezo de cada cuadrimestre un cambio de grupo a nivel xeral (para todas as materias dun mesmo curso) ou, como máximo, en dúas materias (dun ou de varios cursos). Os estudantes matriculados en primeiro por primeira vez non poderán solicitar cambios de grupo nas materias do devandito curso.
    4.3. O prazo de solicitude será de cinco días hábiles contados a partir da data de comezo do curso. No segundo cuadrimestre abrirase un novo prazo de 5 días hábiles, contados a partir de 15 de xaneiro.
    4.4. As solicitudes presentaranse a través do formulario on-line establecido para o efecto ou, en caso de non dispoñibilidade do mesmo por motivos informáticos, a través do (anexo I) presentándose na administración do centro dentro do mesmo prazo. 
  5. Finalizado o prazo de solicitude publicarase, en 10 días hábiles, a relación de solicitudes aceptadas.
  6. Nun prazo de 5 días hábiles, a partir da notificación da decisión adoptada, o alumno poderá presentar reclamación ante o vicedecano de organización académica, que lle comunicará a decisión final nun prazo de 5 días hábiles, contados a partir da recepción da reclamación.
  7. Co obxectivo de equilibrar os posibles desaxustes nos grupos, en calquera momento, a Facultade poderá realizar a modificación dos mesmos.
Facebook Twitter Instagram