Skip to main content

Actividades realizadas no PAT


Actividades informativas/formativas realizadas no curso 2021/22

- Charla sobre Prácticas Remuneradas

O día 9 marzo de 2022 na aula 3 da nosa Facultade, de 15.30 a 16.00 h,  Rosa Villar Mouro (Coordinadora Área Emprego e Prácticas FUAC, trasladou ao alumnado de 3º e 4º Grao e de máster da UDC, información sobre os Programas de prácticas remuneradas.  Os Programas de prácticas remuneradas. Os estudantes que poidan acceder ao programa de prácticas son todos aqueles que superasen o 50% dos créditos e estean matriculados no curso vixente A actividade, desenvolta tamén mediante Teams (ver grabación), tivo lugar da seguinte forma:

    • 16 minutos de información;
    • resto do tempo realizáronse preguntas.

Nota: De interese tamén as preguntas formuladas na mesma actividade no curso 2021-22 (ver máis abaixo). 

- RCP básica e uso do desfibrilador

O día 10 de setembro de 2021, o profesor José Palacios Aguilar desenvolveu, por oitavo curso consecutivo, a actividade formativa "RCP básica y uso del desfibrilador" con motivo da semana de presentación do Grao en CC da Actividade Física e do Deporte para os alumnos de nova incorporación.


Actividades informativas/formativas realizadas no curso 2020/21

- Charla sobre Prácticas Remuneradas

O día 22 febreiro de 2021 mediante Teams, de 16.00 a 17.00 h,  Rosa Villar Mouro (Coordinadora Área Emprego e Prácticas FUAC, trasladou ao alumnado de 3º e 4º Grao e de máster da UDC, información sobre os Programas de prácticas remuneradas.
A actividade, á que se pode acceder, tivo lugar da seguinte forma:

    • 17 minutos de información
    • 41 minutos de preguntas

- Xornada sobre Máster e Doutoramento

Mediante video-conferencia, o día 17 de marzo de 2021 Jessica Rial Vázquez (doutora) e María Rúa Alonso (doutoranda), desde a nosa Facultade, xunto con Asier Aracama Camiño (doutorando) desde Praga, relataron ao alumnado do grao asistente, dunha forma amena e organizada, as súas experiencias durante o proceso de realización do Máster e Doutoramento. 

- Xornada sobre Movilidad

Mediante video-conferencia, o día 8 de abril de 2021, Iago Fernández Leiro (alumno SICUE na Universidade de Granada no curso 2020-21) e Lorenzo Bosh Sande (ERASMUS na Universidade de Pécs, Hungría no curso 2019-20), desde Granada e A Coruña, respectivamente, relataron ao alumnado do grao asistente, dunha forma amena e organizada, as súas experiencias presentes e pasadas relacionadas coa mobilidade uiversitaria; tamén participou o Vicedecano de Relacións Internacionais e de Estudantes da nosa Facultade, Luís Morenilla Burlou, achegando información de interese para quen desexe iniciar ou realizar unha nova mobilidade nacional ou internacional.

- Xornada sobre a materia de Prácticum

Mediante video-conferencia, o día 19 de abril de 2021, a profesora responsable da materia de Practicum (Belén Toja) xunto a unha compañeira (María González-Caballín) e catro compañeiros (Iván Nine, Jorge Rivas, David Torres e Christian Veiga), todos, xa graduados, faláronnos sobre as súas experiencias no ámbito en que cada un desenvolveu o Practicum, concretamente sobre: a motivación na elección do ámbito e centro; as ideas preconcibidas antes de cursar a materia, a importancia da figura do titor académico e profesional e da relación con eles;  dificultades/facilidades que xurdiron e reflexións finais. Por último, o alumnado asistente formulou varias preguntas que foron respondidas polos protagonistas da nosa xornada. 

- Xornada sobre posibles Saídas Profesionais

Mediante video-conferencia, o día 15 de xuño de 2021, o profesor Xurxo Dopico, director do Departamento de Educación Física e Deportiva, moderou unha amena mesa redonda na que participaron catro grandes profesionais, todos eles egresados de  a nosa Facultade e, na que atendendo aos diferentes ámbitos (docencia, xestión, rendemento deportivo e saúde):
- Dina Asensio Campaza (Profesora no Colexio Público Integrado "Ponte Carreira" de Frades, A Coruña).
- Iván Clavel Sanemeterio (Xerente da Fundación Deporte Galego -Xunta de Galicia-).
- Eduardo Carballeira Fernández (Director Deportivo do Judo Club UDC)
- Javier Loureiro Díaz (Xefe de Fisioloxía Clínica do Exercicio no "Heart Hospital/Qatar Rehabilitation Institute" en Doha, Qatar).
nos exposieron aspectos tales, como a descrición do posto que actualmente desempeñan, a súa traxectoria profesional, a formación complementaria requirida ata chegar ao devandito posto, algunhas curiosidades e tambien recomendacións que poden resultar de intéres, para todos nós, de fronte ao futuro.

Facebook Twitter Instagram